A Diocese de Lugo únese ás mostras de dor de toda a sociedade galega ante os graves incendios que afectan a diversas localidades.
NOTA ANTE OS INCENDIOS EN MUNICIPIOS DA DIOCESE DE LUGO
A Diocese de Lugo únese ás mostras de dor de toda a sociedade ante os graves incendios que están a afectar nestes días a diversas parroquias da nosa Diocese, e a moitas outras localidades. En primeiro lugar, rezamos polas familias que tiveron que ser evacuadas, co desexo de que poidan regresar pronto ás súas casas, por todos os que perderon os seus bens e polos que están a sufrir especialmente esta situación. Encomendamos tamén aos que están a loitar por defender os seus fogares e o seu medio de vida, e a todos os efectivos que traballan nos labores de extinción.
Os párrocos dos lugares afectados están a vivir estes momentos xunto aos veciños, ofrecendo o seu apoio e proximidade. Unidos a eles, todas as comunidades cristiás queremos ofrecer a nosa dispoñibilidade para a acollida e a axuda incondicional de cuantos necesítena. O Bispo da Diocese, monseñor Alfonso Carrasco, puxo ao dispor das autoridades tamén os recursos de Caritas e doutras institucións diocesanas.
Pedimos a todos os fieis cristiáns das nosas parroquias unirse en oración ao Señor para que cese pronto esta catástrofe natural e que todos os afectados atopen consolo e fortaleza, así como a axuda fraterna necesaria nestas circunstancias.
Que a Santísima Virxe María coide e protexa como Nai as nosas familias, casas e pobos.
Lugo, 20 de xullo de 2022