A Diocese de Lugo, a Catedral de Lugo, o Museo Diocesano Catedralicio de Lugo e Artisplendore, organizan para o mércores 7 de xuño, ás 17.30 h, unha nova actividade de interpretación do patrimonio. Nesta ocasión, o fin será coñecer as representacións existentes na seo lucense relacionadas coa tradición eucarística. Presentaranse as iconografías máis representativas como o escudo do cabido, a custodia doada polo Arcebispo de Zaragoza Juan Sáenz de Buruaga ou a orixinal do século XVII de Diego Castejón y Fonseca. Ademáis, os asitentes poderán contemplar o escudo do Reino de Galicia, a iconografía que se vincula á tradición eucarística lucense ou un libro da confraría do Santísimo Sacramento do século XVII. Finalmente, accederán á terraza da Catedral onde verán a escultura da fe.