Início / Menu Diócesis / Noticias

Nova directiva da Hospitalidade de Lourdes de Lugo


A Hospistalidade de Lourdes da Diocese de Lugo celebrou na tarde deste mércores, 30 de novembro, a súa asemblea extraordinaria.

Nela renovouse a xunta directiva. Os membros elixidos polos socios presentes para esta función son: Mario J. Carballo Meilán como presidente e Eliseo Fernández Bamio como vicepresidente; Pilar Méndez Villares para o posto de secretaria e María del Carmen Méndez Quiroga como vicesecretaria; Margarita Fernández Yebra é a nova tesoureira e o Rvdo. Miguel Asorey Otero, o vicetesoureiro, e o Rvdo. Alejandro Asorey Novoa queda encargado de xuventude. Miguel Rico Gómez e Natalia Rodríguez Regueira, completan esta dirección.

Pola súa banda, o Bispo, monseñor Alfonso Carrasco, renovou no cargo de consiliaro ao Rvdo. Manuel Otero Méndez.

A Hospitalidade de Lourdes é unha asociación privada de fieis que propaga, difunde e vive o espírito da mensaxe da Virxe María a Santa Bernadette en Lourdes. Entre os seus fins está ofrecer, sen ánimo de lucro, servizos de axuda e asistencia adecuada aos enfermos, discapacitados, anciáns e persoas en risco de exclusión social.