Início / Menu Diócesis / Noticias

O Consello Presbiteral reúnese en sesión ordinaria


O primeiro venres deste mes de decembro, reuniuse, en sesión ordinaria, o XIV Consello Presbiteral. A xunta, convocada polo Bispo, Mons. Alfonso Carrasco, tivo lugar no Seminario Diocesano.

A normativa canónica sobre o sacramento do bautismo e un informe sobre o colexio San Lorenzo, a casa sacerdotal San Froilán e os seminarios, foron os temas tratados.

O Consello Presbiteral é un grupo de sacerdotes que constitúen o senado do Bispo, en representación do Presbiterio, con misión de axudar ao Bispo no goberno da Diocese conforme á norma do Dereito para prover o máis posible ao ben pastoral da porción do Pobo de Deus que se lle encomendou