Início / Menu Diócesis / Noticias

O Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia actúa na Catedral

Foto: codalario.com.


Este venres, 9 de decembro, ás 20:30 h., actuará, na Catedral de Lugo, o Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, dirixido por Javier Fajardo Pérez-Sindín. O programa "Son imprescindibles" mostrará parte da música coral galega máis representativa dos últimos 125 anos. Inclúese a Misa solemne na honra ao Apóstolo Santiago composta por Xoán Montes. Na segunda parte do concerto, interpretarán obras de compositores como Joam Trillo, Margarita Viso ou Fernando Buide.