Início / Menu Diócesis / Noticias

O Corpiño acolleu o primeiro concerto do ciclo «Viae Lucenses»


O pasado xoves, 21 de xullo, o santuario de Nosa Señora do Corpiño (Lalín), acolleu o primeiro concerto da serie "Viae Lucenses". Nel actuaron a soprano Lidia Basterretxea, os violinistas valencianos Joaquín Palomares e Joaquín Páll e o organista Giulio Mercati interpretando obras de Bach, Dietrich Buxtehude, Telemann e Haendel.

A iniciativa musical organizada pola Diocese de Lugo, "Viae Lucenses", é unha serie de concertos acollidos nalgunhas das igrexas máis importantes do territorio diocesano: San Xoán de Portomarín, San Pedro de Melide ou Santa María do Cebreiro. Con esta actividade, na que colabora a Xunta de Galicia, a Igrexa pretende poñer en valor os lugares de culto, o encontro entre solistas extranxeiros e as realidades musicais lucenses máis importantes así como o Arquivo Musical da Catedral de Lugo. Deste xeito, con esta e outras citas como o Festival Internacional de Órgano, a Noite Coral Lucense Coral Lucense ou Viae Lucense, a Diocese pon de manifesto a importancia de coidar e dar a coñecer a música espiritual.