Foto: .
O Billó de Ouro é un recoñecemento co que anualmente se distinguen a persoas que traballaran polo desenvolvemento da comarca de Chantada. Nesta edición, o condecorado foi o sacerdote diocesano don Pegerto Torres Hermida.
Na homenaxe, celebrada este pasado 6 de novembro, o crego estivo acompañado polo Vicario Xeral da Diocese, don J. Mario Vázquez; a súa familia; os alcaldes de Chantada, Taboada e Monterroso; máis de vinte compañeiros curas e case trescentos veciños.
Don Pegerto naceu na parroquia de Furco-Carballedo no 1938. Foi ordenado sacerdote no ano 1961 polo Bispo monseñor Antonio Ona de Echave. Foi párroco de varias parroquias de Chantada e arcipestre da zona durante 51 años. Ademáis foi profesor de relixión no instituto Lama das Quendas de Chantada.
O premio Billó de Ouro está promovido pola Sociedade Cultural e Gastronómica Luso-Galaica, coa colaboración do Concello de Chantada.