Foto: turismo.ribeirasacra.org.
Os días 7, 8 e 9 de setembro, o santuario chantadino de Nosa Señora do Faro celebra a súa romaría. O xoves 7 haberá Misa na parroquia de Santiago de Requeixo (Chantada) ás 9 h e no Faro ás 12 h. O día 8 celebrarase a Eucaristía no santuario cada hora, dende ás 8 ata as 13 h e, pola tarde, ás 17 e ás 18 h. E o día 9, celebrarase a Misa ás 17 h no Faro e ás 19.30 h na igrexa de Requeixo.