Ofrenda á Virxe na Festa do Clero

Lo último del obispo


Lembramos outro momento importante da festa do clero galego no Santuario de O Corpiño como foi a ofrenda dunha rosa de prata á Virxe de todos os sacerdotes e compartimos algunhas fotos máis dese día

Ao rematar a Eucaristía, o reitor do Santuario, José Criado, leu o texto da ofrenda dunha rosa de prata á Virxe de O Corpiño:

"Os bispos de Galicia e os sacerdotes ordenados despois do ano 2000, ofrecemos a Santa María unha rosa de prata e pedímoslle que ela coide a nosa vocación e nos axude a ser fieis ó seu Fillo como Ela o foi sempre.

Poñer esta Rosa nas mans da Virxe do Corpiño, simboliza poñer a nosa vida e a nosa vocación nas mans daquela que é a Nai e nos conduce a Cristo.

Virxe Santa do Corpiño ti que nunca deixas orfo a ningún fillo teu, agradecémosche que sempre velas por cada un de nós e que alentas e acompañas a nosa vocación.

Poñemos nas túas mans esta rosa en recoñecemento á túa presenza e pedímosche que sigas gardando á túa Igrexa e custodiando  as futuras vocacións sacerdotais. Amén".


Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March