Foto: .
.
A Orde de Santa Clara cumpre 400 anos na vila lucense de Monforte de Lemos.
O 22 de xuño de 1622, as monxas fundadoras do mosteiro monfortino da Purísima Concepción chegaron a Lugo encabezadas por Sor Anastasia da Encarnación. Procedentes de Lerma (Burgos), acomodáronse nunha residencia do barrio da Falagueira ata o ano 1646 no que se trasladaron ao actual convento. Éste conta cunha igrexa moderna obra do mestre Secundino Couto, de traza gótica, dunha soa nave terminada en ábsida semicircular. Ademáis, esta comunidade custodia un museo de arte sacra considerado dos máis importantes de España no seu xénero. A mostra, inaugurada en 1980, reúne un valioso conxunto de obras artísticas dos séculos XVII e XVIII entre as que destaca un espléndido Cristo xacente, obra de Gregorio Fernández. A maioría delas son doazóns feitas ao convento polo VII Conde de Lemos, Pedro Fernández de Castro, e a súa dona, Catalina de la Cerda.
As consagradas pertencen á Federación do Sagrado Corazón de Xesús de monxas Clarisas da provincia seráfica de Santiago.