A FE DUN POBO
Para axudarnos a comprender e vivir mellor esta forma de “piedade popular” que é a celebración da nosa Semana Santa, pode ser útil escoitar de novo ao Papa Francisco, que, a este respecto, insiste en lembrarnos que o Evanxeo ha de encarnarse sempre nun pobo e nunha terra, nunha cultura; de feito, en moitas terras e en moitas culturas.