Neste ano Xubilar 2025 a Igrexa lémbranos o Amor do Señor, e exhórtanos, en particular, a crer no perdón e a reconciliación, na vitoria sobre o mal, a deixar atrás o pecado, presente tamén na nosa vida. Pois o pecado que teñamos non nos define; senón que, en realidade, nos é alleo, non nos conduce á nosa verdadeira meta, nin dá sentido e fecundidade ao tempo que Deus nos pon a disposición. As riquezas de graza deste ano, que permiten gañar a indulxencia plenaria, e mesmo por un defunto, lémbrannos o noso horizonte verdadeiro: a plenitude das nosas persoas, libres do mal, unidas ao Señor, participando do seu Amor e da súa gloria.