Início / Menu Diócesis / Noticias

Peregrinación a Covadonga


A Unión Reparadora de Lugo organiza, para o fin de semana do 9 e 10 de setembro, unha peregrinación ao santuario de Covadonga.

A saída de Lugo será o sábado 9 ás 7 da mañá da praza de Bretaña de Lugo. Ese día, ás 12 h, celebrarase a Eucaristía en Covadonga. Despois do xantar, os asistentes partirán para Oviedo, onde visitarán a súa catedral e a basílica de San Juan. Remataran as actividades do primeiro día cunha conferencia do cóengo da seo ovetense don Andrés Pérez Díaz, quen falará da Virxe María como modelo da relación con Xesús.

O domingo 10 visitarase o monte Naranco e, pola tarde, no regreso a Lugo, o faro de Luarca.

O coste do encontro, 120€, inclúe viaxe, entrada a museos e aloxamento na casa de espirituale Santa María do Aramo en réxime de pensión completa, coa excepción do xantar do primeiro día.

Para anotarse é preciso contactar coa Unión Eucarística Reparadora de Lugo nos teléfonos 619 985 881 ou 643 882 169.