O vindeiro sábado, 8 de xuño, ás 18h o claustro da catedral volverá acoller o acto de lectura pública de poemas eucarísticos: a Summa Poética.
É unha das actividades organizadas con motivo da celebración do Corpus e Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento. Un sinxelo acto no cal se recitan poemas de temática eucarística amenizados con pezas musicais no inigualable espazo que ofrece o claustro da catedral de Lugo. Este ano retómase de novo esta bonita iniciativa.
Recollemos aquí algún poema eucarístico:
Maria José Campo