Este domingo, 16 de outubro, ás 9.45 horas, o programa “Polo camiño da fe” da Galega fai un roteiro polo patrimonio relixioso da Fonsagrada. Visitará as igrexas de santa María de Fonsagrada, santa María Madanela de Pobra de Burón, a capela de san Roque de Mazaeda, a igrexa de san Pedro de Neiro, a capeliña dos Remedios de Candaido e a capela do Carme da Fornaza.