Este sábado inauguráronse as obras de rehabilitación realizadas na igrexa de San Pedro de Vilanova, en Dozón (Pontevedra). O acto estivo presidido polo noso Vicario Xeral, don Mario Vázquez, e o conselleiro da Xunta de Galicia, don Román Rodríguez. Asistiu un gran número de persoas, entre elas o delegado episcopal de Patrimonio Relixioso da nosa Diocese, don José Antonio Ferreiro; o párroco lo lugar, don Manuel Civeira; o párroco do Sixto (Lalín), don José Diéguez; e o alcalde de Dozón, don Adolfo Campos.
As obras realizadas neste templo do século XII, supuxeron un investimento de máis de 300.000 euros, pretendían poñer en valor o templo resolvendo problemas de humidade que afectaban ás zonas norte e sur. O proxecto completouse coa pavimentación da zona exterior con acabados en pedra, ao que se engadiu o acondicionamento dos muros exteriores do adro, así como a canalización de pluviais e saneamento.
No acto homenaxeuse a Fidelina, veciña do Mosteiro, que dende hai máis de 60 anos se encarga de coidar o templo.