Início / Menu Diócesis / Noticias

Prematrícula en FP no colexio diocesano San Lorenzo


Está aberta a prematrícula nos ciclos formativos que oferta o Colexio Diocesano San Lorenzo, na cidade Lugo. Este centro ofrece o ciclo medio de Emerxencias Sanitarias, con saídas profesionais como o traslado de doentes e prestación de atención sanitaria e psicolóxica inicial, loxística sanitaria ante emerxencias colectivas ou catástrofes e realización de plans de emerxencia; o ciclo superior de Hixiene Bucodental para a atención sanitaria e promoción da saúde ou a organización e xestión en gabinetes dentais. Ademais destes dous ciclos pertencentes á familia sanitaria, ofrécense outros dous da familia de actividades físicas e deportivas: o ciclo medio de Guía no Medio Natural e o ciclo superior en Acondicionamento Físico, únicos na provincia.

O San Lorenzo, ten asinados convenios de colaboración con empresas como Salutrans, Galimplant, Forus Lugo ou hípica Endurance Lucus, onde se realizan as prácticas para conseguir unha formación actualizada e próxima ao mundo laboral.

Para máis información: teléfono 982 220 100.