Início / Menu Diócesis / Noticias

Reunión en Lugo do equipo diocesano de pastoral


O luns 3 de xullo tivo lugar no bispado de Lugo unha reunión de traballo do equipo de pastoral diocesano. A el asistiron o Bispo, monseñor Alfonso Carrasco; o Vicario Xeral, don Mario Vázquez; o Vicario de Pastoral, don Luis Manuel Rodríguez; o Vicario Xudicial, don Julio Doval e os delegados episcopais. Nesta ocasión, revisouse o traballo feito durante o curso 2022-2023 e comezouse coa programación do vindeiro.