SERGIO ORABONA

Lo último del obispo


Nado no 1978 en Nápoles nunha familia de artistas, emprendeu estudos musicais a unha idade temperá. No 1998 consegue o diploma de Órgano e Composición Organística co máximo de votos e a loanza baixo a guía do Mestre Vincenzo de Gregorio. Especializouse sucesivamente con Arturo Sacchetti, Daniel Roth, Harald Vogel, e no Instituto Pontificio de Música Sacra de Roma con Giancarlo Parodi. No 2000 consegue os diplomas de Pianoforte e de Música Coral e Dirección de Coro. No 1994 grava un disco editado pola casa discográfica Terzo Millennio e dedicado ós autores da escola organística napolitana no órgano Thomas de Martino (1750) da Catedral de Nápoles. De 1995 a 2001 foi organista titular da Basílica-Santuario da Madonna do Carmine en Nápoles. No mesmo período, colabora con The Choral Scholar da Igrexa Anglicana de Nápoles, participando nas xornadas dos concertos, e actuando baixo a dirección de Ronald Butts-Boehmer, o Requiem de Maurice Duruflè para coro e órgano, en vivo en Rai Uno. Concertista internacional, actuou nas igrexas máis importantes de Italia, Francia (Boulogne sur mer, Alpe d’Huez, La Madeleine e San Clotilde en París), Alemaña (Catedral de Fulda, Catedral de Ingolstadt, Catedral de Ulm), Polonia (Catedral de Varsovia), Suíza (Catedral de San Gal), Portugal (Catedral de Porto), Catedral de Luxemburgo. En Norteamérica actuou en Nova York (Igrexa de St. Thomas), Washington (National City Christian Church, National Shrine), Buffalo, Chicago, Milwaukee e en Toronto no órgano máis grande de Canadá na Metropolitan United Church. Tamén fixo gravacións radiofónicas, incluíndo a execución de temas inéditos de Francesco Durante, Giovanni Furno e Carlo Cotumacci para a Radio bávara. Dende 2012 é organista titular no St. Nikolaus Kirche de Stuttgart e director artístico do Internationales Stuttgarter Orgel- festival. É membro da Asociación Organística Giovanni Maria Trabaci.

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March