A alcaldía da cidade de Lugo anunciou esta semana o acordo unánime da Corporación Municipal en relación ao cambio de nome da rúa Xenebro polo do sacerdote diocesano Luis Soto Camino. A vía que levará o nome do presbítero, falecido en xuño de 2014, está ao carón da igrexa de San Lorenzo de Albeiros, do que Soto foi párroco durante máis de medio século. A alcaldesa lucense, Lara Méndez, explicou, en relación á decisión tomada, que "foi tal o número de sinaturas que se entregaron no Concello a prol desta causa que resulta imperativo atender a petición" coa que a cidade quere "amosar a súa gratitude en recoñecemento á traxectoria dun cidadán tan exemplar como foi don Luís”.