O Consello Diocesano de Lugo da Adoración Nocturna vén de lanzar a campaña “Ven á cidade do Sacramento. Celebra connosco unha vixilia na Catedral de Lugo”. Con este motivo, a asociación eclesial elaborou un tríptico informativo dirixido aos consellos diocesanos, a tódalas seccións de adoradores que hai en España, ás comunidades parroquiais nas que aínda non está implantada esta realidade da Igrexa e, incluso, ás persoas que fagan o Camiño Primitivo cara Santiago de Compostela.
A Adoración Nocturna presenta esta invitación como algo aberto e así ofrece a toda sección, movemento, parroquia, etc. que calquera día do ano se achegue a Lugo a facer unha vixilia ante o Santísimo. Basta con poñerse en contacto coa Adoración Nocturna Lugo dende a que se facilitará material para a celebración e, incluso, acompañarán aos adoradores durante a súa estancia na capital lucense.