Início / Menu Diócesis / Noticias

Ventres de aluguer?


É necesario afrontar os feitos con datos contrastables da realidade e actitudes humanistas coa finalidade de ser responsables nas cuestións relevantes para o desenvolvemento da persoa humana.

No artigo anterior, Memoria Corporal (4-VI-23), facía especial referencia ao paso de “células nai” da iniciada nova vida cara ao corpo da nai dende polo menos a segunda semana de embarazo, onde permanecerán anos ou toda a vida. Tamén do corpo da nai pasan células ao fillo que leva no seu seo. Polo que o que algúns chaman “ventres de aluguer” é máis ca iso, polo que engadiría:

-Ademais do intercambio de células entre a nai e o fillo/a hai unha relación biolóxica constante na que a nai lle dá o alimento necesario para o seu crecemento e unha protección contra posibles agresións de enfermidades, golpes… e unha temperatura estable contra as alteracións medioambientais.

-Tamén hai relacións por intercambios e comunicacións debido a impulsos nerviosos, sensacións, estímulos, medos, dores, ledicias, gozos…

-O fillo coñece e memoriza os latexos do corazón da nai: xa nos anos 70 se publicaba que, se a un recén nacido choroso, lle poñían unha gravación cos latexos do corazón da nai tal como soaban no seu útero, na maioría dos casos cesaba o choro. Tamén se sabe que recoñecen á nai polo cheiro.

-Igualmente é coñecido que os bebés coñecen e recoñecen as melodías que súa nai cantaba durante o embarazo e coñecen a súa voz, é máis, os pediatras dinlles aos pais con bo criterio que lle falen ao fillo a través da barriga da nai para que se vaia acostumando á súa voz.

Con todo isto non só falamos de intercambios biolóxicos, senón tamén de intercambios e comunicacións sociais, culturais e espirituais, é dicir, mesmo de amor, polo que isto non pode ser un ventre de aluguer, senón que se trata dunha maternidade e dunha educación socializadora.

Así que, no chamado “ventre de aluguer” toda esa relación humana córtase de forma abrupta e violenta, non polos avatares imprevistos da vida, senón polo que se di en linguaxe xudicial con “premeditación e aleivosía”. Así dúas persoas, nai e fillo/a, quedan con feridas profundas que obstaculizarán a súa capacidade de amar, que as pode levar a pecharse sobre si mesmas dificultando gravemente a relación cos semellantes por medo ao encontro con un ti na amizade e no amor.

Pero é posible saír desa cerrazón ao amor como lembra o libro da Apocalipse 3,20: “Mira que hai tempo que estou a petar na túa porta. Se alguén escoita a miña voz e abre a porta, eu entraría cabo del e cearía con el e el comigo”. Para que esas persoas así agredidas se abran ao amor viralles moi ben o acompañamento doutras persoas que lles faciliten con paciencia o achegamento ao Deus Comunidade de Amor que cure totalmente as súas feridas e os rexenere para amar e ser amados.

Aínda que a lei do capitalismo é congruente con legalizar os “ventres de aluguer”, pois o que ten cartos ten dereito a mercar ou alugar o que lle apetece, mesmo presionando de diversas maneiras para que iso aconteza como xa sucede nalgún país, entendo que debido á tradición cristiá de séculos en España non se permitirá que se faga con ese nome, senón é por ética ao menos será por estéti