VIGO 430

Lo último del obispo


A Orquestra Vigo 430 ten como obxectivo ofrecer un contido cultural do máximo nivel, diversificado en varias liñas especializadas: a Orquestra Sinfónica OSV430, os conxuntos de Música de Cámara EV430, a Orquestra Barroca OBV430, a Orquesta Xove OXV430, concibida como canteira de músicos novos. Forma parte da filosofía deste proxecto o feito de que o corpus principal da orquestra está formado por músicos procedentes da excelente canteira existente en Galicia, feito que dota á Orquestra dunha identidade xenuína e confírelle máis lexitimidade se cadra para servir coma unha fiestra máis da cultura galega cara ó mundo. Como non podía ser doutra forma no moderno modelo de sociedade multicultural cara á que nos encamiñamos, a contribución dos músicos fai que a formación se enriqueza máis aínda coa experiencia aportada desde outras culturas musicais. A Orquestra Vigo 430 recibiu o Premio Martín Códax da música no ano 2014. Mantén unha canle activa de YouTube na que se difunden periodicamente os seus concertos. Colabora habitualmente con grandes solistas de nivel internacional e ten diversas gravacións discográficas. En decembro de 2011, a Orquestra Vigo 430 asinou un convenio coa Universidade de Vigo, e en xaneiro de 2019 foi aprobada a incorporación da Orquestra como orquestra adherida na Asociación Española de Orquestas Sinfónicas (AEOS). 

Contactos
Dirección

Plaza de Santa María 1
27001 Lugo Lugo

Teléfono

982231143

Correo electrónico

Envía Correo

March