Con motivo da Xornada Mundial polo Traballo Decente, que se celebra o 7 de outubro, a Iniciativa Diocesana de Igrexa polo Traballo Decente organiza unha vixilia de oración e a lectura dun manifesto, que terá lugar o vindeiro martes 10 de outubro, ás 20:00 horas, na parroquia de San Pedro, na cidade de Lugo.
A lectura do manifesto estará a cargo da directora da Escola de Relacións Laborais de Lugo, Dna. Mercedes Montes.