Início / Menu Diócesis / Noticias

Xián graba o seu agradecemento a don Jesús Vidal


A parroquia de Santa María de Xián (Taboada) viviu este sábado, 8 de xullo, a inauguración e bendición dunha placa en agradecemento a quen fora o seu párroco ao longo de case seis décadas: o sacerdote don Jesús Vilar Vidal. O acto estivo presidido polo Bispo, monseñor Alfonso Carrasco, quen celebrou a Eucaristía. Ésta foi concelebrada polo actual párroco, don Alejandro Asorey; o Vicario Xeral, don Mario Vázquez, e varios sacerdotes da zona. 

Placa colocada nunha parede lateral da igrexa de Santa María de Xián (Taboada).
A Eucaristía celebrada en Santa Mariña de Xián estivo presidida polo Bispo e concelebrada polo Vicario Xeral e o párroco do lugar.