Início / Menu Diócesis / Noticias

Xornadas de Liturxia ao redor das exequias cristiás


Santiago de Compostela será a sede, do 17 ao 20 de outubro, das Xornadas de Liturxia que, organizadas pola Comisión Episcopal para a Liturxia, abordarán o tema das exequias cristiás. Estas xornadas, que chegan este ano á súa 50ª edición, están dirixidas a sacerdotes, aos membros da vida consagrada e aos laicos.

A sesión inaugural terá lugar o luns 17 de outubro ás 18.00 horas. Intervirán o presidente da Comisión Episcopal para a Liturxia, Mons. José Leonardo Lemos, e o bispo auxiliar de Santiago de Compostela, Mons. Francisco José Prieto. Esta mesma tarde, os participantes nestas xornadas celebrarán a Eucaristía na catedral compostelá presidida polo arcebispo de Santiago, Mons. D. Julián Barrio.

Programa das Xornadas de Liturxia

As sesións da mañá articúlanse ao redor de dous relatorios e o diálogo posterior cos relatores. O martes 18 de outubro o director do secretariado da Comisión Episcopal para a Liturxia, Ramón Navarro, ofrecerá a ponecia, «A celebración das exequias. Cara a unha nova edición do ritual». O delegado de Liturxia de Urgell, Emili Villegas, falará sobre os signos e símbolos na celebración das exequias.

«Palabra e eucoloxía nas exequias» e «As exequias, unha oportunidade pastoral» son os temas que desenvolverán o mércores 19 os delegados de Liturxia de Tui-Vigo, José Diéguez, e de Zamora, Narciso J. Lorenzo. O último día, o xoves 20, Jesús Rosillo, asesor técnico e consultor permanente do secretariado da Comisión Episcopal para a Liturxia, centrarase no tema do canto na celebración das exequias. O profesor da UESD «San Dámaso», José Manuel Rodríguez Morano, ofrecerá o último relatorio sobre, «A teoloxía das exequias: Pascua do cristián».

O programa complétase cunha mesa redonda na que se exporán diversas problemáticas ao redor da celebración das exequias.

INSCRICIÓN E MATRÍCULA

Faise en liña: www.jornadasconferenciaepiscopal.es/liturgia. Prezo: 65 €

ALOXAMENTO

Pensión completa/día: 73 € (unha persoa), 118 € (dúas persoas)

Comida solta: 14 €. Cea solta: 12 €

liturpatrijur@conferenciaepiscopal.es

DATOS INFORMATIVOS

O aloxamento debe concertarse e pagar directamente a Hospedería «San Martín Pinario» do Seminario Maior (Praza da Inmaculada, 3, 15704 Santiago de Compostela. Telf.: 981 560282. e-mail: reservas@sanmartinpinario.eu).

Ao facer a reserva é necesario identificarse como participante nas Xornadas Nacionais de Liturxia. Os sacerdotes que desexen concelebrar deben levar alba e estola branca.