As delegacións do Clero de Galicia organizan as XXIX Xornadas de Poio, do 11 ao 13 de setembro, baixo o lema «Ser testemuñas nunha sociedade cambiante».
- Domingo 10
Acollida e cea ás 21 h
- Luns 11
Dous relatorios pola mañá a cargo de Mons. Luis Javier Argüello: “Instrumento de traballo pastoral sobre persoa, familia e sociedade”; “A Igrexa, construtora do ben común” e outros 2 relatorios pola tarde nos que o xornalista Jesús Fontenla falará da comunicación na Igrexa.
- Martes 12
A mañá estará ocupada por 2 relatorios: Xosé Manuel Domínguez Prieto tratará o tema do Evanxeo da familia na situación actual e Xosé Luís Barreiro Barreiro da misión da Igrexa nunha sociedade democrática en crise. A tarde adícase a unha excursión pola zona.
- Mércores 13
Dous relatorios, un do comisario de Policía Cástor Vázquez sobre situacións críticas no estado de benestar e un relatorio final de Mons. Alfonso Carrasco titulado “Crise da educación na sociedade contemporánea”.